LINGUA
Sabías que en Fisterra….inventouse o futbolín?
¿Como? Pero de que vai hoxe a cousa? Pasamos de romanos,de faros, da Atlántida, mariñeiros, poetas, movementos sísmicos…á invención do futbolín?
Dende logo, Fisterra é moi interesante:
En Fisterra vivía un home que se chamaba Alexandre Campos Ramírez, máis coñecido polo pseudónimo: Alejandro Finisterre.
Naceu en Fisterra en 1919. Foi poeta, editor e inventor. Aos 5 anos foise para A Coruña e aos 15 anos marchou face-lo bacharelato a Madrid.
Seu pai tiña unha zapatería na cidade mais foille moi mal e tivo que pechar. O director do colexio para que Alejandro puidera continuar os seus estudos encomendoulle a tarefa de corrixir traballos dos nenos máis pequenos para poder pagar o colexio. Tamén traballou na construción e nunha imprenta.
Na capital fixo 2 amigos: León Felipe e Rafael Sánchez Ortega. Os 3, editaron o periódico Paso a la Juventud para informar á xente e vendelo polas rúas da cidade.
Mais en 1936 iniciou a Guerra Civil Española e Madrid foi bombardeada e Alejandro quedou sepultado. Trasladárono ao hospital de Valencia mais alí non conseguiron curar as súas feridas, co cal tiveron que levalo ao hospital de Montserrat. Alí coñeceu a moitos nenos feridos que non podían xogar ao fútbol e xurdía a idea do futbolín inspirada no tenis de mesa.
Contoulle a súa idea a un amigo chamado Francisco Javier Altuna procedente do Pais Vasco e carpinteiro de profesión. Este fabricou o futbolín coas indicacións de Alejandro. Naquel momento non acadaron que o invento tivera saída na industria porque as fábricas de xoguetes estaban ocupadas fabricando armas para a guerra.
Patentou a invención do futbolín en Barcelona en 1937 pero a cousa quedou parada. Chegou a época do franquismo e Alejandro fuxiu para Francia, logo para América e cando volveu a España, fábricas valencianas extenderon o futbolín creado por Alejandro por todo o país sen darlle ningún tipo de recoñecemento.
Faleceu en Zamora o no ano 2007 e hoxe en día recoñécese a súa invención:
Alejandro Finisterre, o inventor do futbolín.
Agora contesta:
1.- Quen é Alejandro Finisterre?
2.- Que é un pseudónimo?
3.- Por que inventou o futbolín?
4.- Que significa patentar?
OBRADOIRO: Facer un futbolín. Axúdate dun adulto ou irmá(n) maior
CIENCIAS
Despois de aprender tanto sobre os mariñeiros e te sintes parte da cultura mariñeira, únete ao clube” para mariñeiros, nós” e convértete nun auténtico mariño aprendendo:
OS NÓS MARIÑEIROS:
En toda a Costa da Morte, os mariñeiros cobran especial importancia, así a continuación ides aprender 3 nós básicos que empregan estas persoas no seu día a día como:
- Nó de rizo ou nó plano: sirve para asegurar unha corda a un obxecto.
- Ballestrinque: sirve para amarrar rápido unha embarcación
- Ás de guía: sirve para asegurar a embarcación, unir obxectos, colgar cousas. É moi resistente e doado de desfacer.
Podes aprender a facelos premendo no seguinte enlace do obradoiro de nós mariñeiros:
OBRADOIRO de nós mariñeiros. https://www.youtube.com/watch?v=fIAtOBLdv4o
AGORA: Proponse a actividade de facer un caderno onde se inclúan máis nós para ter unha guía dos mesmos e que aprendan os que máis lles guste. Engadir fotos de cada un presentándoos individualmente. Sacar fotos manual caderno mariñeiro – pescador e guías fotográficas dos pasos a seguir.
MATES
Cálculo mental: (1 VEZ Á SEMANA)
Realizar cálculo mental é como levar a nosa mente ao ximnasio e dende logo ten moitísimos beneficios:
1.- Axuda a ter unha mente áxil.
2.- Desenvolve a nosa memoria.
3.- Axiliza a resolución de problemas da vida diaria.
4.- Mellora a comprensión e o pensamento lóxico.
A entrenar a mente!