7 de xullo: futbolin e nós

LINGUA

Sabías que en Fisterra….inventouse o futbolín?

¿Como? Pero de que vai hoxe a cousa? Pasamos de romanos,de faros, da Atlántida, mariñeiros, poetas, movementos sísmicos…á invención do futbolín? 

Dende logo, Fisterra é moi interesante:

En Fisterra vivía un home que se chamaba Alexandre Campos Ramírez, máis coñecido polo pseudónimo: Alejandro Finisterre.

Naceu en Fisterra en 1919. Foi poeta, editor e inventor. Aos 5 anos foise para A Coruña e aos 15 anos  marchou face-lo bacharelato a Madrid. 

Seu pai tiña unha zapatería na cidade mais foille moi mal e tivo que pechar. O director do colexio para que Alejandro puidera continuar os seus estudos encomendoulle a tarefa de corrixir traballos dos nenos máis pequenos para poder pagar o colexio. Tamén traballou na construción e nunha imprenta.

Na capital fixo 2 amigos: León Felipe e Rafael Sánchez Ortega. Os 3, editaron o periódico Paso a la Juventud para informar á xente e vendelo polas rúas da cidade. 

Mais en 1936 iniciou a Guerra Civil Española e Madrid foi bombardeada e Alejandro quedou sepultado. Trasladárono ao hospital de Valencia mais alí non conseguiron curar as súas feridas, co cal tiveron que levalo ao hospital de Montserrat. Alí coñeceu a moitos nenos feridos que non podían xogar ao fútbol e xurdía a idea do futbolín inspirada no tenis de mesa.

Contoulle a súa idea a un amigo chamado Francisco Javier Altuna procedente do Pais Vasco e carpinteiro de profesión. Este fabricou o futbolín coas indicacións de Alejandro. Naquel momento non acadaron que o invento tivera saída na industria porque as fábricas de xoguetes estaban ocupadas fabricando armas para a guerra. 

Patentou a invención do futbolín en Barcelona en 1937 pero a cousa quedou parada. Chegou a época do franquismo e Alejandro fuxiu para Francia, logo para América e cando volveu a España, fábricas valencianas extenderon o futbolín creado por Alejandro por todo o país sen darlle ningún tipo de recoñecemento.

Faleceu en Zamora o no ano 2007 e hoxe en día recoñécese a súa invención: 

Alejandro Finisterre, o inventor do futbolín.

Agora contesta:

1.- Quen é Alejandro Finisterre?

2.- Que é un pseudónimo?

3.- Por que inventou o futbolín?

4.- Que significa patentar?

OBRADOIRO: Facer un futbolín. Axúdate dun adulto ou irmá(n) maior

CIENCIAS

Despois de aprender tanto sobre os mariñeiros e te sintes parte da cultura mariñeira, únete ao clube” para mariñeiros, nós” e convértete nun auténtico mariño aprendendo:

OS NÓS MARIÑEIROS:

En toda a Costa da Morte, os mariñeiros cobran especial importancia, así a continuación ides aprender 3 nós básicos que empregan estas persoas no seu día a día como:

  • Nó de rizo ou nó plano: sirve para asegurar unha corda a un obxecto.
  • Ballestrinque: sirve para amarrar rápido unha embarcación
  • Ás de guía: sirve para asegurar a embarcación, unir obxectos, colgar cousas. É moi resistente e doado de desfacer.

Podes aprender a facelos premendo no seguinte enlace do obradoiro de nós mariñeiros:

OBRADOIRO de nós mariñeiros. https://www.youtube.com/watch?v=fIAtOBLdv4o 

AGORA: Proponse a actividade de facer un caderno onde se inclúan máis nós para ter unha guía dos mesmos e que aprendan os que máis lles guste. Engadir fotos de cada un presentándoos individualmente. Sacar fotos manual caderno mariñeiro – pescador e guías fotográficas dos pasos a seguir.

MATES

Cálculo mental: (1 VEZ Á SEMANA)

Realizar cálculo mental é como levar a nosa mente ao ximnasio e dende logo ten moitísimos beneficios:

1.- Axuda a ter unha mente áxil.

2.- Desenvolve a nosa memoria.

3.-  Axiliza a resolución de problemas da vida diaria.

4.- Mellora a comprensión e o pensamento lóxico.

A entrenar a mente!

https://wordwall.net/es/resource/5541972/calculo-mental/claculo-mental
https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Calculo_mental/Calculo_mental_xj159199qc
Scroll al inicio