6 de xuño: navegando polos mares de Fisterra

LINGUA

O Castelo de San Carlos

Dende o século XVIII (1757), o Castelo de San Carlos foi unha fortaleza defensiva da Costa da Morte xunto co Castelo do Príncipe (Ameixenda, Cée), o Castelo do Cardenal (Corcubión, e o Castelo do Soberano (Camariñas). Estes velaban pola seguridade da poboación e as riquezas da terra e está protexido por  Patrimonio Histórico Español.

Tivo que recuperarse dun incendio tras a Guerra de Independencia e restaurouse non fai moitos anos.

Hoxe é o museo da pesca de Fisterra. Inaugurado o 4 de novembro de 2006. 

Neste lugar non é dificil atopar como guía a Alexandre Nerium. É un poeta e mariñeiro fisterrán. Foi presidente do Batallón Literario da Costa da Morte. Cando o visitedes ides aprender moito sobre artes de pesca antigas xunto cunha exposición das mesmas, tamén sobre o papel das mulleres na pesca, os antigos faros e incluso como eran as casas mariñeiras.

Por este motivo, hoxe dedicaremos un pouco de tempo a traballar os poemas. Le un poema de Alexandre Nerium, da man dun verdadeiro fisterrán que leva o mar tatuado nas súas letras:

POEMA DE ALEXANDRE NERIUM

“Levamos o crepúsculo tatuado nas cadernas”. Habitamos o ocaso, o termo, a fin do mundo, esta Costa da Morte esvaecida, onde tan só do mar chegan as crebas: os restos do naufraxio guindados pola borda e levámolo dentro, tatuado nas costelas pois nós somos a nave que ha de arrostrar decote as axadas de vento a sucumbirnos.

“a vixilia da bruma nas áncoras da noite”. A bruma, a borraxeira, todo insondábel son da fiel da buguina que apupa a soidade máis comesta, que de sempre vixilia, espida fame, o berro dun meniño, o desconsolo; e a espesura, inmensamente clara como a noite, fainos fondura atortorada ás áncoras.

“o esvaecer do pano cinguido ó ergueito mastro”. E, ó fin, canto remorso en mar espido, canto sabor no cuspe a despedida, canto sal nunha bágoa, cantas unllas sen unllas esgazando as entrañas da memoria. O diáfano loito ondeará no mastro, levarémolo sempre por bandeira.

“o ensalitrado músculo estrado na entreponte”. Cansazo e desosego na cuberta. Os escobéns non ven, ollan de esguello. No Castelo de proa o sur amaina. Toda suor nun puño baixo a sombra.

Por certo, coñeces o significado da palabra “Creba”. Investiga e envíanos o seu significado e algunha fotografía.

Agora practica con:

POEMAS

https://wordwall.net/es-cl/community/poemas
https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Lengua_Castellana/Poesia

CIENCIAS

A pesca é a actividade principal en Fisterra. Péscase principalmente: polvo, congro, merluza e percebe entre outros. 

O produto da Costa de Fisterra é moi prezado, rico e sabroso debido á temperatura do Oceáno Atlántico.

MERLUZA

CONGRO

POLVO

PERCEBE

Practicamente todos os habitantes do Concello de Fisterra teñen algún familiar mariñeiro con embarcacións que saen cada día a faenar.

Os mariñeiros son moi sabios, coñecedores de fondos mariños, embarcacións, especies mariñas, nós mariñeiros, instrumentos de navegación, coordenadas xeográficas, cambios climáticos solo con mirar ao ceo e ao horizonte e un largo etcétera. Se vos atopades con mariñeiros, quedade pretiño deles e escoitade todo o que vos conten, porque dende logo ides aprender moito.

Cousas que debes saber sobre os mariñeiros:

O oficio mariñeiro é un dos máis antigos. Xa se pescaba na prehistoria

Os mariñeiros, nunca poderían vivir lonxe do mar

Os mariñeiros, aman o mar por encima de todo, respectan o mar e o medio ambiente, son xente moi sacrificada, traballadores e moi madrugadores

Os mariñeiros poden pasar horas falando do mar, de barcos e especies mariñas, mentres atan os seus aparellos e nunca vos cansaredes de escoitar novas historias. Podedes pasar días con eles sen que repitan unha historia e sempre teñen novas que contar.

Os mariñeiros coidan uns dos outros e están en contacto constante cos demais barcos a través dos “chivatos”. Tamén coidan da súa familia porque nunca lles falta peixe para manter unha dieta saudable. O peixe é rico en proteínas e minerais, ¡mais isto seguro que xa o sabías!

Os mariñeiros teñen un vocabulario rico e variado: sobre instrumentos mariños, nós, embarcacións, manobras, climatoloxía, material de pesca, rescate, distintas especies mariñas…

Os mariñeiros son amigables. Aínda que non te coñezan sempre están dispostos a ensinar cousas á xente a dar resposta a calquera pregunta que lles fagas.

Os mariñeiros son grandes navegantes, son xente con iniciativa e moi valentes. Capaces de orientarse no mar con néboa, dominan os puntos cardinais, a xeografía  e o vento mellor que ninguén. Ademais coñecen moi ben o comportamento das especies mariñas.

Os mariñeiros son xente moi importante, sen eles non teríamos nas nosas casas produtos do mar tan ricos e saudables.

E despois de disto, ¿quen non quere ter amigos mariñeiros?

Mira este video e estate atento: 

Agora contesta:

Que é un caladoiro?

Que tipo de pesca se practica en Fisterra?

Por certo, a que tipo de sector pertenece a pesca?

Practica os sectores: primario, secundario e terciario:

https://wordwall.net/es-es/community/sectores-primario-secundario-y-terciario

Mates

En moitas lecturas sempre aparecen números romanos por iso é importante sabelos. Tamén aparecen nalgúns reloxos, para indicar os séculos, nomear reis…

Ademais como os romanos estiveron en  Fisterra, como non imos aprender os seus números, verdade?

 A continuación aparecen uns videos explicativo e un enlace para que practiques.

https://wordwall.net/es-ar/community/n%C3%BAmeros-romanos
Scroll al inicio