E falando de piratas, ¿sabes que é un RAQUEIRO? Investiga.
Fai unha pequena redación e envíanola: Escribe quen eran, que facían, onde vivían.
- ¿Sabías que na nosa costa galega prodúcense moitos movementos sísmicos?
Fíxate, Galicia ten enfrente a placa Euroasiática. Esta placa choca contra a placa Norteamericana. Isto quere dicir que cando 2 placas chocan prodúcense movementos de terra que dan lugar a terremotos ou maremotos.
Vexamos un video explicativo:
Actividade: Experimento volcáns:
Materiales:
Botella ou prato de plástico
2 cucharadas de bicarbonato
1/4 de vaso de vinagre
Colorante
Auga
Pasos a seguir:
En primeiro lugar, mesturaremos agua e as dúas cucharadas de bicarbonato na botella.
Posteriormente, engadiremos o colorante.
Por último, incluímos o vinagre e esperaremos a ver como sube a «lava».
Proposta actividade en familia: estuda estas rutas de sendeirismo e guía á túa familia.
Fisterra tamén é coñecida polo camiño de Santiago.
https://youtu.be/EQg_iqXfrLw https://youtu.be/EQg_iqXfrLw
Imos trazar unha ruta co recorrido da última etapa Santiago – Fisterra:
Segue as instrucións:
1º/ Debuxa a man alzada un mapa similar a este coas vilas polas que que pasan os peregrinos.
2º/ Investiga que distancia hai entre Santiago e Ponte Maceira. Logo a distancia entre Ponte Maceira e Negreira, entre Negreira e Zas e así sucesivamente.
3º/ Unha vez calculadas as distancias, iniciamos unha nova investigación: Averigua coa axuda de Internet que lugares de interese hai no camiño de Santiago a Fisterra. Fai un pequeno esquema no que indiques o lugar o sitio de interese correspondente e proporciona algunha información de interese.
4º/ Enumera os río polos que pasan os peregrinos.
5º/ Busca algunha lenda relacionada co camiño de Santiago entre Santiago – Fisterra.
6º/ Fai un pequeno tríptico informativo sobre esta etapa do camiño de Santiago axudándote da información recopilada.
NAS RUTAS INCLUIR PISTAS PARA ATOPAR OS SITIOS DOS QUE SE FALA NA LECTURA. MAPA A MODO “MAPA DO TESOURO”. ¿POSIBILIDADE DE QUE ENCONTREN ALGÚN TESOURO???
CIENCIAS
Xa que fai pouquiño estivechedes practicando conversións de unidades métricas, hoxe imos aprender unha nova. Outra?? Si, si, en Fisterra practícase de todo. Escoitáchedes falar da BRAZA??
Aprende:
MATES
Colle un folio e escribe nome de obxectos que teñas á vista e mídeos, podes empregar a braza, a cuarta ou o pe.