LINGUA
O MERGULLO
Sabes cando foi que os humanos comezaron a descubrir o mundo subacuático? Que traxes empregaban? Respirar debaixo do mar sería todo un logro!
No século XVI comezouse a empregar o mergullo con escafandra, ese traxe que vemos nos museos que servía antigamente para o mergullo.
Mais antes de empregar a escafandra, os humanos face apnea para conseguir alimentos ou buscar tesouros.
A 1º escafandra foi creada en 1602 por…non, non foi por ninguén de Fisterra, mais podería ser… Foi por un militar e inventor chamado Jerónimo de Ayanz.
O mergullo coa mesma foi realizada no río Pisuerga en Valladolid e o rei Felipe III presenciou este feito en persoa.
Co paso do tempo este traxe foi evolucionando ata o día de hoxe que contamos con equipos máis soficticados e sabemos moito máis sobre o mergullo.
Fisterra é unha vila vinculada ao mergullo e conta cunha escola na que poder realizar bautizos para descubrir o mundo submariño e tamén outros cursos e incluso chegar a ser instructor de buceo.
Coñeces este vocabulario relacionado co mundo subacuático? Busca e completa as palabras co seu significado:
Apnea:
Snorkel:
Escafandra:
Inmersión:
Mergullo:
Auga confinada:
Auga aberta:
MATES
A división: É importante aprender a facelo e practicar por as división axudan a resolver problemas da vida diaria, sobre todo cando non dispoñemos da calculadora.
Por unha cifra:
Por dúas cifras:
Por tres cifras:
Agora practica:
CIENCIAS
As medusas e as fanecas bravas
É posible que durante as longas tardes de praia na nosa costa, atopar medusas nadando ou na area ou incluso che picou un escorpión ou faneca brava.
Se non, contarémosche como protexerte:
Medusas:
1º/ Si ves 1 medusa na auga ou na area, avisa para evitar que os seus tentáculos piquen a alguén.
2º/ Si atopas 1 medusa morta, non a toques e avisa a un adulto, se é socorrísta, mellor, para que a saque fóra da multitude.
3º/ Se estás na auga, no te movas bruscamente e vai saíndo pouquiño a pouco e avisa ao resto de bañistas.
4º/ Coñece a medusa carbela portuguesa:
Se nos pica pode ocasionar moita dor e problemas respiratorios, cardíacos e no sistema nervioso. Memoriza a imaxe e dá a voz de alarma se a identificas.
5º/ Si che pica unha meduda, toma nota:
- Lavar a ferida/picadura con agua do mar, non con auga doce.
- Eliminar da pel restos de tentáculos con algo plano.
- Aplicar xeo ou algo frío durante uns 10 – 15 minutos con intervalos de 2 ou 3 minutos de descanso..
- Aplicar bicarbonato.
- Aplicar iodo ou crema antihistamínica para evitar infeccións.
- Acode ao centro de saúde e evita futuras picaduras.
Faneca brava:
Estes peixes de pequeno tamaño están enterrados na area e poden picarnos sen velos e amolar o día de praia. Normalmente pican na planta do pe e pode ocasionar bastante dor. O peixe pica porque nós o pisamos e como sistema de defensa clava os seus pinchos, non é que o peixe nos busque para picarnos.
Recomendamos o seguinte:
1º/ Evita que te piquen poñendo escarpíns, sobre todo se a marea está baixa.
2º/ Aplica amoníaco cando te pique. A picadura causa dor en función do tamaño do peixe, mais acabará pasando.
3º/ Mergulla a zona da picadura en auga quente, canto máis aguantes o calor, mellor.
4º/ Se tes alerxias, acode a un centro de saúde.
Agora que xa estás preparado para ir ás praias da Costa da Morte…
Practica os animais mariños:
OBRADOIRO: Creamos o ciclo da auga
A auga estivo prácticamente presentedurante toda esta semana. Deste xeito queremos que sexades moi consciente da súa importancia na terra. Grazas á auga a vida é posible.
Nos temas de ciencias na escola sempre se dan contidos relacionados coa auga, por iso, nas vosas casas, hoxe, ides crear o ciclo da auga. Mira o video e ponte en marcha. Unha vez feito o experimento, convértete nun científico e anora todos os cambios.
O ciclo da auga.