11 de xuño: todo a babor

LINGUA

Tanto falar de polvo, congro e bogavante, éntranos a fame!

Hoxe imos escribir unha receita. Para elo debes ter en conta:

Unha receita componse básicamente de 3 elementos: 

1º/ Nome do que vas elaborar: p.e. Polvo á feira. 

2º/ Listado de ingredientes

3º/ Preparación.

É importante tamén incluír a cantidade de ingredientes necesario, tempo de elaboración, utensilios necesarios e outras recomendacións que consideres.

Prepárate coa axuda da túa familia:

1º/ Pensa que queres facer: un postre, unha merenda, un xantar…

2º/ Escribe os ingredientes que necesitas e a cantidade

3º/ Procedemento a seguir para elaborar a receta.

4º/ Tira unha foto do resultado final. Podes compartila se che apetece.

MATES

Para traballar con receitas é necesario dominar cantidades en gramos e tamén en litros. Imos practicar para que non se nos escape nada:

https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Unidades_de_medida
https://wordwall.net/es-cl/community/unidades-de-medidas

CIENCIAS

Non podemos coñecer Fisterra de cabo a rabo sen saber as partes que compoñen un barco.

Contesta: 

Que é babor? 

E estribor? 

Forman parte dun barco?

E a eslora dun barco, sabes que é?

Bota un ollo e aprende:

OBRADOIRO:  Barco de origami https://youtu.be/tbUkxPJXdlQ 

Scroll al inicio