XULLO. Semana 1 a 7

Empezamos coa primeira semana!! Iniciamos este proxecto con moita ilusión. Levamos semanas traballando nisto e esperamos que todo vaia tal e como está previsto. Se non é así, tes algún problema, ou simplemente queres propoñernos algunha mellora, non dubides en contactar no mail tumochilaeducativa@gmail.com, e intentaremos dar solución o antes posible.

1. Comeza visionando os dous vídeos

O ideal é que o vexades cos vosos fillos ou fillas, xa que así ambos coñeceredes o funcionamento do programa e os distintos apartados.

2. Preme na imaxe para descargar o caderno

Preme enriba da imaxe correspondente ó curso que rematastes este ano e descarga o caderno en PDF. Recomendamos imprimilo para traballar directamente sobre el, senón é posible podes telo na pantalla e facer os exercicios no teu caderno.

3. Solucionario

A partir do do venres poderás descargar o solucionario premendo na imaxe de abaixo. Non é necesario que o imprimas (así evitamos gastar papel), posto que podes ir mirando directamente dende a pantalla mentras corrixes no teu caderno.


La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es Rematastes-os-exercicios-Comproba-1024x1024.png

4. Material complementario

Dende abaixo podes acceder a unha nova páxina con recursos complementarios relacionado cos contidos desta semana: vídeos, xogos e material didáctico que seguro que che resultan útiles e interesantes.

5. Queres participar en comunidade?

Se queres participar en comunidade, saber que están facendo outras persoas que seguen o programa, compartir dúbidas, colaborar… podes pedir acceso no noso grupo privado de Facebook. Terás que respostar a unhas preguntas, para asegurarnos que as persoas que están alí son as que realmente seguen o programa.

Scroll al inicio