LINGUA
A SUBASTA DO PEIXE
Antes de que o peixe chegue á lonxa, é necesario que os mariñeiros saian nos seus barcos a pescar.
Cando volven ao porto, os mariñeiros levan o peixe á lonxa. É un edificio que está ao lado dos portos onde se xuntan os comerciantes e subastan o peixe.
Hai persoas que se encargan de indicar a información dos barcos e da cantidade de quilos que trae xunto co nome da especie de peixe. Os compradores ven o peixe en caixas. Hai unha persoa encargada de ir dicindo os prezos e cando un comprador o para, compra o peixe ao prezo que se dixo. Así pónselle o prezo ao peixe.
Na lonxa de Fisterra tamén podedes ir ver a subasta.
Análise sintáctico e morfolóxico da oración:
A lonxa é o edificio situado no porto.
Repasa sintaxe:
MATES
Hoxe traballamos cos Euros:
CIENCIAS
RELACIÓN DE DEPENDENCIA DO CONGRO – BOGABANTE: bota un ollo a este video, verás que os animais mariños son fascinantes. Explicación a partir del minuto 9:00.
Sabías esta historia? En definitiva:
O polvo come bogavante e o congro come polvo. Para fuxir do polvo, o bogavante ponse dentro da cova do congro. Cando ven o polvo polo bogavante, o congro cómeo.
Pasado un tempo, o congro engorda ata tal extremo que non pode sair da súa cova e o bogabante comeza a comer ao congro. Impresionante verdade?
Continuando con historias relacionadas co mar, hoxe imosvos propoñer un
OBRADOIRO DE: BANDEIRAS NÁUTICAS
As bandeiras náuticas son internacionais e permiten a comunicación visual entre os navegantes ainda que non empreguen o mesmo idioma. Por exemplo: se te cruzas cun barco con esta bandeira (Bandeira náutica alfa), indícanos que hai un buzo cerca. Así o barco que a vexa, debe reducir a velocidade e manter certa distancia.
Preme neste enlace. Debuxa no teu caderno cada bandeira co seu significado: