![Lecturas de verano](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/5-1024x310.png)
Fisterra é un dos concellos da Costa da Morte máis visitados. Os celtas, os romanos, moitos piratas e incluso o gran Stephen Hawking chegaron a este concello. Sigue lendo e aprenderás e descubrirás cantidade de cousas que che farán ver a esta vila como un mundo fascinante.
Se queres coñecelo de cabo a rabo, mergúllate connosco en moitas aventuras e investigacións que non te deixarán indiferente.
¿Sabías que os romanos pensaban que Fisterra era a fin do mundo?
Xa sabedes que os romanos chegaron á Península Ibérica e incluso a Fisterra. De feito, hoxe en día a vila ten ese nome grazas a eles. Nada máis chegar ao Cabo dixeron: “Finis – Terrae”, traducido como Fin da Terra, e ese nome quedoulle como Finisterre ou Fisterra. Como calquera persoa que chega ao faro, os romanos quedaron abraiados e consideraron este lugar máxico e fascinante polas fermosas postas de sol e pola inmensidade do Océano Atlántico.
¿Queres ver o Faro de Fisterra en 360 graos? PINCHA AQUí e NON TE MAREES!!!
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/FARO-EN-3-D-1.png)
Se queres velo máis relaxadamente… Podes velo aquí abaixo en Youtube:
¿Sabías que en Fisterra comeza a Atlántida?
Tanto se o sabías como se non descubriralo aquí: a Atlántida era unha gran illa, sita á outra beira das columnas de Hércules que formaban o Estreito de Xibraltar. Era territorio de Poseidón, Deus do Mar, e habitada polos atlantes, descendentes de Atlas (foi o 1º rei da Atlántida, fillo de Poseidón e dunha muller mortal), parte da historia de Aquaman, se non a viches, xa sabes, podes pasar unha tarde de mantiña, tele e sofá con teus pais contándolles parte da historia e descubrir o resto con eles. Aquí che deixamos o trailer:
Despois de miles de anos, permanece entre nós o nome desta illa porque tiña toda clase de riquezas e o seu pobo era o máis avanzado do mundo. No centro da mesma estaba sito o pazo e o templo de Poseidón. Entre os seu habitantes estaban grandes científicos que transmitían coñecementos a súa civilización e ao resto do mundo.
Co paso do tempo, os atlantes descubriron secretos dos deuses, secretos de enerxías cósmicas e de forzas capaces de destruír a especie humana. Zeus, o rei de todos os Deuses, decatouse do descubrimento e decidiu castigar aos atlantes. Din que durante un día e unha noite, grandes erupcións volcánicas e maremotos destruíron a gran illa cun cataclismo de proporcións cósmicas.
![Atlantida](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/Atlantis_-_Aquaman-1024x576.webp)
Segundo a lenda desta illa, disque quedan á vista as illas Azores, Madeira, Canarias e Cabo verde, cumes de altas montañas do continente perdido, mais os seus templos atópanse no fondo do océano que leva o seu nome: Océano Atlántico.
Probablemente xa deduciches que o motivo polo que se di que en Fisterra comeza a Atlántida, impresionante, ¿verdade?
Por outra banda, din que na Atlántida vivía Clito, unha muller da que Poseidón se namorara perdidamente e con moita crueldade, creou arredor da illa círculos concéntricos rochosos para que Clito non puidera escapar en ningunha embarcación.
¿Quédaches con ganas de saber máis sobre os dioses gregos?
Aquí che deixamos con un exercicio interactivo, para que coñezas algunha historia, que podes contar ós teus pais ou familiares.
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/DIOSES-GREGOS-1024x310.png)
![mates en verano](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/4-1024x310.png)
Lembra que estamos sitos en Fisterra e un dos lugares máis coñecidos a nivel mundial é o Faro Fisterra. Hoxe, antes de empezar a calcular, aprenderás máis cousas sobre este magnífico lugar:
Imos recordar algúns datos dos que vistes no video:
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/Enxeñeiro-Félix-Uhagón.png)
REPASA E APRENDE
Que é 1 milla?
Trátase dunha unidade antiga de lonxitude que empregaron moitos países, a partir da milla romana que equivale a 1000 pasos. Tempo despois, os países comezaron a empregar o sistema métrico decimal, aínda que quedan países como Reino Unido e Estados Unidos, que siguen tendo a milla presente.
Debes ter en conta que unha milla terrestre equivale a 1.609 metros. Lembras que os romanos tamén estiveron en Fisterra? Pois eles tamén lle puxeron un valor en metros. Unha milla romana equivale a 1481 metros. E por último, a milla náutica é un pouco máis extensa, e equivale a 1852 metros.
As conversión fanse multiplicando e dividindo exactamente igual que o facemos con metros, centímetros, quilómetos….
Imos practicar:
Practica a conversión de unidades de lonxitude:
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/UNIDADES-DE-MEDIDA-1024x310.png)
![Ciencias en verano](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/3-1024x310.png)
Se vives preto de Fisterra non che soará raro escoitar falar de longueirón e navallas. Moitos pensan que é o mesmo. E ti? Parácheste a pensar algunha vez niso?
Cal é a navalla? E o longueirón?
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/image-2.png)
En Aprender na Costa, convidámoste a ler e completar a seguinte táboa para que non o esquezas:
A navalla é un bivalvo moi preciado na gastronomía. A súa cunha é alongada e presenta unha lixeira curvatura semellante á navalla dun barbeiro, é por ese motivo que ten ese nome. A súa cuncha é escura e fráxil. O seu sabor é fino e suave a mar. Dise que a navalla de calidade, procede das rías de Muros e Noia.
O longueirón, é pariente da navalla, e polo tanto, tamén é un bivalvo. a súa cunha é alonga e rectangular, non adoita ter curvatura. a cor da cuncha é máis clara e está aberta polo extremos. Posúe unha cunha máis forte e resistente que as navallas e o seu sabor é máis forte e intenso. O longueirón máis coñecido é o de Fisterra.
¿Acórdaste cales son os bivalvos?
Damoslle un repasiño pinchando aquí.
¿E cómo te levas o dos seres vivos?
Pinchando aquí podes practicar un pouco
EXPERIMENTO DO DÍA: CREAMOS UNHA NEBULOSA.
Si, si, liches ben! Imos crear unha nebulosa, o motivo? Comezaches a ler e atopaches o nome dun señor moi importante na mundo da ciencia e sobre todo no relativo ao universo.
STEPHEN HAWKING: quen visitou Fisterra, verdade? Pois co fin de homenaxealo, busca na casa e ponte en marcha. Non esquezas enviar foto da túa nebulosa! Antes mira o video, servirá de axuda:
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/Experimento-nebulosa.png)
Stephen Hawking foi un científico que nos ensinou moitas cousas. Vamos a deixarche por aquí tres vídeos sorpresa sobre el. Tes que elixir unha das tres imaxes, a ver qué video che toca.
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/Stphen1.png)
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/Stephen2.png)
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/Stephen3.png)
¡Ei! Non farías trampa e pinchastes para ver os tres vídeos, ¿non? Bueno, din que aprender non ocupa sitio na cabeza, así que non pasa nada!!
![educación emocional](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/2-1-1024x310.png)
¿COMO TE COÑECES A TI MESMO OU A TI MESMA?
Imos a falar un pouquiño de emocións. Todos os días imos pensar un pouco cómo nos sentimos ese día e qué podemos facer con eso que sentimos, e imos anotalo no caderno de traballo.
Empezaremos coñecendo as emocións básicas:
¿Queres explorar algunha emoción? Só pincha enriba e poderás coñecela máis a fondo…
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/6.png)
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/5-1.png)
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/4-1.png)
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/3-1.png)
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/2-2.png)
![](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/1-1.png)
![novas tecnoloxias](https://tumochilaeducativa.es/wp-content/uploads/2023/04/1-1024x310.png)
E para rematar esta viaxe tamén imos falar un pouco de como usas as pantallas. ¿Ti pensas que as usas moito ou pouco? ¿Sabes todo o que podes facer con elas?
No caderno podes ir anotando o tempo que dedicas a cada cousa. Nisto poden axudarche os teus pais. No móbil ou tablet podes instalar unha APP para ir vendo como vas, fala cos teus pais para que che axuden a buscar unha que che funcione ben.