En qué consiste o programa?

Aprender na Costa é un programa novidoso e GRATUITO, creado con moito agarimo dende a Costa da Morte para nenos e nenas de toda Galicia. Se aínda non o fixestes, podes seguirnos nas nosas redes sociais para estar ó día de todo o que imos facendo: Instagram e Facebook. Para calquera problema ou dúbida contacta no mail tumochilaeducativa@gmail.com. Para acceder ó curso preme na imaxe de abaixo.

O programa Aprende Na Costa está orientado a que nenos e nenas de Terceiro a Sexto de Primaria repasen os contidos académicos durante o verán, tendo como punto de partida tres aspectos fundamentais:

Contidos académicos

child, kid, play-865116.jpg

Reforzar os contidos académicos, dedicando un tempo de entre 30 e 45 minutos, tres días á semana. Un tempo razoable para non olvidar o adquirido durante o curso, sen descoidar o ocio e xogo, tan importante na infancia.

Técnicas de estudo

Estudiar oposicion

Entrenaremos técnicas de estudo: métodos, suliñado, esquemas… como ferramenta básica para conseguir uns mellores resultados e para que os nenos/as se responsabilicen e organicen os seus tempos.

Educación emocional

A educación emocional é fundamental no día a día dos e das menores. Contarán con recursos específicos para reflexionar sobre o seu estado de ánimo e o positivo de cada semana.

Qué actividades?

Pinchando na imaxe podes acceder ó curso, dende onde poderás descargar o material en PDF.

Os cadernillos son semanais e están estruturados do seguinte xeito:

  • Organización / planificación: comezamos con un apartado onde os nenos/as organizaran a semana en función das actividades que teñan que facer, do tempo dispoñible. O ideal é que esta parte se faga co apoio dos pais/nais, para poder ser realistas en canto a tempos, espacios de traballo…
  • Materias: a continuación atopámonos as materias básicas (lingua galega, lengua castelá e matemáticas). As ciencias traballarémolas por medio de experimentos ou actividades relacionadas co entorno.
  • Técnicas de estudo: cada semana aprenderemos e/ou practicaremos unha nova técnica de estudo que nos resultará moi útil para mellorar os nosos resultados académicos e aprender a estudiar de xeito eficiente.
  • Recursos dixitais: enlazaremos con distintos recursos dixitais: vídeos, actividades interactivas, xogos… que permitarán profundizar nos distintos contidos dun xeito máis lúdico.
  • Diario emocional: Todas as semanas rematan con un diario emocional, onde os nenos e nenas poden poñer por escrito como foi a súa semana, como se sentiron, e tamén que é o que agradecen e do que están máis orgullosos.
  • Plans para a semana: actividades de ocio e deporte que podes atopar na Costa da Morte cada semana.
  • Solucionario: rematada a semana subiremos o solucionario do cadernillo semanal, para que os propios nenos poidan ir corrixindo e decatándose dos seus erros. É importante que os pais supervisen este proceso para ver a evolución dos seus fillos/as, axudalos se teñen dúbidas e reforzar o traballo realizado nesa semana.
  • Traballo grupal: cada mes plantexaremos un traballo grupal guiado, para que os nenos e nenas aprendan paso a paso cómo organizarse e como levar a cabo este tipo de traballos, buscando que todos aporten e participen e que o resultado global sexa máis que a suma de cada traballo individual. Traballarán habilidades sociais e relacionais ó tempo que adquiren novas aprendizaxes.

Os obxectivos

Académicos

Reforzar os contidos escolares dende unha perspectiva lúdica, funcional e tendo como referente a Costa da Morte. Técnicas e hábitos de estudio

Ocio

Facer un uso saudable dos recursos, sentirse parte do lugar no que se vive, e descubrir novas formas de pasalo ben.

Relacionais

Fomentar as relacións con outros nenos e nenas.
Aprender a relacionarse e a contactar de xeito saudable con outras persoas.

Emocionais

Mellorar a autoestima e autocoñecemento
Identificar, expresar e regular emocións
Fomentar a responsabilidade e autonomía

Como e cando?

Este proxecto desenrolarase nos meses de xullo e agosto. Programaranse actividades semanais, para que cada familia poida organizarse en función do seu tempo e a súa dispoñibilidade.

Contamos con unha plataforma online de formación, dende onde poderás de xeito gratuito os cadernillos semanais.

Quen?

Este programa levano a cabo duas persoas con ampla formación e experiencia tanto na rama educativa como social.

Queres formar parte disto?

Tan só tes que dar o teu nome, o curso do teu fillo/a e un mail para que poidamos poñernos en contacto contigo en caso necesario.

Scroll al inicio