Esta primeira semana vamos a falar un pouco de quen somos e onde vivimos. Coñeceremos un pouco máis a nosa vila ou o noso pobo, e tamén a nós mesmos/as e á nosa familia.
A Costa da Morte é unha zona con paisaxes moi variadas, temos tanto paisaxe de interior como de Costa, e tamén relevo de montaña, chaira e costa. Seguro que isto xa o estudiastes no cole, verdade? Que tal se o recordamos cantando?
E agora, que che parece se xogamos un pouco. Pincha en cada imaxe para acceder ós xogos:
Despois de ver estas dúas imaxes, ¿dirías que ti vives nunha paisaxe de montaña ou nunha paisaxe de costa?
Toda esta teoría está ben, verdade? Pero que tal se saímos un pouco da casa e facemos unha camiñata en familia por unha paisaxe de montaña e outra por unha paisaxe de costa.
Imos de ruta pola montaña: visita ó Vakner (Figueiroa ata S. Pedro Mártir)
Imos de ruta pola Costa: de Lires á praia do Rostro
Bueno, pois agora que temos estas cousiñas claras, vamos a investigar un pouco sobre o lugar no que vivimos… Para empezar, vives nunha aldea, nun pobo ou nunha cidade?.
Penso que neste vídeo xa dan pistas, non? Se vives na Costa da Morte, non vives nunha cidade. As cidades que temos aquí máis cerca son A Coruña, ou Santiago. Moitos de nós vivimos en pobos ou aldeas, que son máis pequenas, con menos xente.
¿Sabes cal é a túa parroquia, o teu concello e a comarca na que vives? Seguro que xa tes este cadro cuberto, senón podes facelo no teu caderno de traballo, tes que telo a man, para poder investigar sobre as festas e cousas entretidas que temos pola zona.
Se algo temos na Costa da Morte, sobretodo no verán son festas. Sabes todas as festas e actividades que hai no teu Concello? Seguro que teus pais ou avós coñecen moitas, pinchando en cada foto podes ver algunhas delas.
Cantas cousas podesmo atopar en Internet se sabemos buscar, eh! Agora si que non te vas perder nada!
E xa para rematar este tema, no seguinte vídeo podes coñecer algunhas das sinais de tráfico que podes atoparte pola rúa e que, como peatón ou ciclista, é importante que coñezas, para moverte con seguridade.
Se estás aquí, o máis seguro é que sexas un neno ou unha nena, polo que estás nas primeiras etapas da vida. O mellor desta etapa é que tes moita vitalidade, enerxía e ganas de saber e facer cousas, pero cada momento da vida ten as súas cousas boas.
Anímaste a preguntar a teus pais e/ou avós, primas, veciños, irmáns maiores… que ten de bo e de malo a etapa da vida na que están? Tamén podes decirlle que é para ti o mellor e o peor de ser un neno ou unha nena. E eles o mellor tamén poden falarche de se a súa infancia foi ou non parecida á túa.
Falando disto, coñeces a todos os teus antepasados (avós, bisavoas, tataravoas…) Ata onde eres capaz de chegar? Que che parece se te animas a pasar unha tarde sentado ou sentada cos teus pais ou avós e vas recordando o nome e cómo eran as persoas, en que traballaban, que tiñan de especial… Podes coller un folio e ir poñendo os nomes de cada un deles e delas. Isto chámase árbore xenealóxica, e é moi entretido poder facer algo así en familia.
Como xa sabes, ti tes unha historia, a túa familia ten unha historia, e está ben coñecela, porque así tamén nos coñecemos un pouquiño máis a nós mesmos/as.
As idades da historia
E igual que ti tes unha idade e unha historia, os seres humanos tamén fomos pasando ó longo dos anos por distintas etapas. Con este vídeo que vos deixamos a continuación imos a viaxar no tempo, xa veredes como mola!!
Guau! Cantas cousas fixo o ser humano ó longo da historia, verdade?
Aquí deixámosvos con algunhas lendas e historias que pasaron en cada un dos Concellos da zona, tan só tes que pinchar no Concello que máis che interese. Ou podes ir pinchando en todos!!
E se andan por aí os adultos, que vexan contigo os vídeos, seguro que eles tamén se enteran de moitas cousas das que non tiñan nin idea, e lles encantará que lles ensines todo isto.
Aquí na Costa da Morte, na túa aldea, no teu Concello tamén pasaron moitas cousas interesantes. Anímaste a preguntar e investigar? Seguro que che poderán contar historias e lendas moito máis interesantes aínda que estas. Non che PICA A CURIOSIDADE?