Dicíase tamén que para saír vivo das augas de Fisterra había que rezar a Poseidón antes de emprender unha viaxe marítima, aspecto que nos leva á seguinte cuestión:
- ¿Sabías que Fisterra é unha das zonas marítimas máis perigosas de España e de todo o mundo?
Pois si, os nosos mariñeiros, son expertos navegantes! Por ese motivo, todas e todos, máis adiante ides coñecer moi de cerca todo o que podemos aprender deles.
Nas nosas costas hai rexistrados tantos naufraxios que a propia prensa, despois de publicar tan malas noticias, decidiu poñerlle o nome de A Costa da Morte.
Segundo a revista National Geographic, a costa galega presenta a maior concentración de barcos fundidos do mundo.
PEQUENA CONVERSA CON ¿¿?? PERSOA DE SARDIÑEIRO QUE SABE MOITO DISTO. EXPLICADO PARA NENOS EN 3-5 MINUTOS ¿¿??
NAUFRAXIOS COSTA GALEGA NAUFRAXIOS COSTA FISTERRA
COÑECE A PEPE OLEGARIO QUE LOCALIZOU MEIRANDE PARTE DE NAUFRAXIOS
¿Tedes idea do motivo de que haxa tanto naufraxio na Costa da Morte?
O fondo mariño é moi rochoso e sumado a todas as borrascas que entran polas nosas costas e as correntes mariñas que se producen, fan que todos os barcos corran un perigo inmenso.
Xusto desde o Cabo Fisterra podedes ver unha rocha que sobresae no mar, coñecida como o Centulo ou o Centolo. Nela tiveron lugar grandes naufraxios debido ao choque coa mesma ou polas correntes que se producen nesa zona. Pode resultar tan fermosa como terrible.
Encomendámoste a seguinte tarefa: Cando vaias de visita ao Faro Fisterra, abre ben os ollos e búscaa.
Debido á cantidade de naufraxios, propoñémosvos investigar sobre un barco: o Silva Gouveia. Busca información na Internet.
Fai as lecturas necesarias para completar a seguinte información:
Tipo de barco:
Data de construcción do buque:
Bandeira:
Data do naufraxio:
Lugar do naufraxio:
Causas do naufraxio:
Ruta que seguía:
Carga que transportaba:
Fuches ver o Silva Gouveia?
Dá un paseiño por a praia do Rostro e poderás velo ademais de proporcionar á túa familia todo o que aprendiches sobre este pecio.
Mais antes que que vaia queremos darte unha pequenas indicacións: vai acompañado de adultos e non te achegues moito ao mar, as ondas levan moita forza. Algunhas veces o Silva Goiveia non se pode ver, depende do traballo que faga o mar coa area, podes atopalo ciberto ou detapado. O pecio está sito cara o extremo da praia en dirección Fisterra.
Xa que a cousa vai sobre un medio de transporte, imos repasalos:
Xa sabedes que os romanos chegaron á Península Ibérica e incluso a Fisterra. De feito, hoxe en día a vil
Hai que ver canto tráfico marítimo polas nosas costas, verdade. Sabes que en Fisterra está sito o semáforo máis curioso do mundo?
O SEMÁFORO DE FISTERRA
Si, ese é o semáforo de Fisterra, ¡onde está o golfiño!.
Xa sabemos o que estades a pensar aqueles que xa visitáchedes o faro Fisterra. É o edificio que está antes de chegar ao faro. É un restaurante e ten unha terraza moi chula dende a cal podes ver a posta de sol e ten unhas vistas chulas.
Pero, por que ten ese nome?
Construído en 1879, foi un edificio militar e controlábase o tráfico marítimo. Foi unha antiga sede de vixilancia da marina e dende o edificio dábanselles sinais mariñas aos barcos indicando se podían pasar ou non, de aí o seu nome, o semáforo.
Hoxe é un restaurante onde se comen cousiñas ricas da nosa terra.
¿Sabías que moitos peregrinos din que aquí é onde remata o camiño de Santiago?
De feito, no faro está o quilómero cero:
Outra cousa máis que debes fotografiar cando vaias por ali!
Moita xente fai a pregunta: ¿onde remata o camiño de Santiago?
Temos que dicir que a fin do camiño é decisión propia de cada peregrino. Os muxiáns queren que remate en Muxía, os fisterráns queren que remate en Fisterra, os santiagueses, en Santiago, e cadaquén ten as súas razóns, mais cada peregrino decide e cada un ten os seus propios motivos tanto para facer o camiño como para poñerlle o fin.
Sexa polos motivos que sexan, o Concello de Fisterra é coñecido en todas as partes do mundo e iso convérteo en grandioso.
Hoxe para practicar matemáticas imos realizar resolución de problemas relacionados con distancias:
- ¿Sabías que en Fisterra viviron os Celtas?
Os Celtas, antes que os romanos, efectivamente ocuparon terras fisterráns. Cando chegaron os romanos, atoparon un altar dedicado ao Deus sol: o Ara Solis sito no cabo Fisterra. Se das un paseo pola vila, poderás atopar a rúa e a praza que levan este nome: “Ara Solis”. Ademais hai unha lenda que fala de que o cáliz e a hostia do escudo de Galicia, representa o Santo Grial que procede dunha cristianización do altar pagán no que o cáliz simboliza o horizonte do mar e a hostia a posta do sol, unha rocha en forma cadrada metida uns metros no mar na punta do cabo, que é o Ara Solis ( o máis parecido ao altar).
ATOPAR ESA RÚA E MANDAR FOTOS¿¿?? IMAXE DA RÚA ONDE SE VE O NOME
Encomendámovos unha tarefa: dar un paseo pola vila e atopar o nome da rúa Ara Solis e tamén a praza co mesmo nome.
- ¿Sabías que en Fisterra houbo Piratas?
Existen historias, que datan do século XV, que contan o pirata Harry Page quixo levara cruz do Santo Cristo de Fisterra, mais todos os fisterráns (non se sabe que son máis piratas…) déronlle unha menos valiosa salvando a auténtica cruz do seu Santo Cristo. Por este motivo, todos os veráns en Fisterra se celebra a festa do Encontro Pirata.
O pirata inglés procedía da cidade de Poole (Dorset – Reino Unido). Fai algúns anos, xentes desta cidade quixeron devolver á vila de Fisterra unha cruz fisterrá e moitos habitantes ingleses teñen asistido á festa pirata de Fisterra.
Xa que a cousa hoxe vai de piratas, invitámosvos a ver este video:
Libro recomendado:
“Aún quedan piratas en la Costa de la Muerte” de Consuelo Jiménez de Cisneros. Edelvives
Agora volve a mirar o video e anota polo menos 10 sustantivos e clasifica en propio e común, singular e plural, feminino e masculino.
Anota tamén 10 verbos e 10 adxectivos.
Un exercicio relativo a verbos será que indiques de cada un a conxugación de cada un, número, persona e tempo verbal.
EXPERIMENTO DO DÍA: ¿Flota ou non flota?
EXPERIMENTO DO DÍA: Flota ou non flota? Antes de facer o experimento, mira os seguintes videos:
Experimento:
Materiais: recipiente con auga, corcho, pedra, vidro, obxectos metálicos, obxecto de madeira e distinto material que teñas a man, folio onde debuxes unha táboa con 2 columnas, na 1º escribe os obxectos que flotan e na 2º os obxectos que non flotan.
Procedemento: Pon todos os obxectos dentro do barreño. Podes mergullalos ata o fondo do recipiente e observa o que pasa.
Clasifica no folio os que flotan e os que no. Ao final escribe o motivo da flotabilidade de cada obxecto.